Taboada CF
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

Mellores Taboada CF- SD O Páramo

2 participantes

Ir abajo

Mellores Taboada CF- SD O Páramo Empty Mellores Taboada CF- SD O Páramo

Mensaje  Roi Rigueira Lun Abr 30, 2012 5:37 pm

Gran partido o que se puido ver onte na Medela entre dous equipos con propostas distintas pero igualmente válidas. Gran deportividade de ambos equipos a pesar do moito que había en xogo e un ambientazo espectacular na Medela, chea a reventar. Hai partidos de 2ª B con menos xente nas gradas. De antemán grazas á afición, pero non só por onte, senón por toda a tempada, polas pancartas, polos bombos e polos ánimos. No partido comezamos ben, moi igualado ante un rival con oficio, ó que lle axudou atoparse cun gol en propia porta ó pouco de comezar. Puidemos empatar antes do descanso pero a sorte non estivo con nós. Na segunda parte costounos algo máis, pero intentámolo sempre e non deixamos nunca de buscar as vías cara a portería rival, anque non tivemos premio. Os mellores:

1º Emilio, moito desgaste e moito traballo. Un incordio.
2º Moski, bulideiro coma sempre, tivo o empate nunha que se lle foi por ren.
3º Álex, partido correcto no que tivo a mala sorte de meter en propia.

Agora toca vencer de novo, á Residencia, para ver se damos quedado terceiros e mellorar a clasificación do ano pasado. A seguir. Forza Taboada CF!!

Roi Rigueira

Cantidad de envíos : 150
Puntos : 5783
Fecha de inscripción : 26/03/2009

Volver arriba Ir abajo

Mellores Taboada CF- SD O Páramo Empty Re: Mellores Taboada CF- SD O Páramo

Mensaje  amamaramoure Lun Abr 30, 2012 7:34 pm

Gran ambientazo na Medela cunha afición q respostou en masa e animando coma nunca ó equipo.Resultado inxusto nun partido no q os locais propuxeron futbol de toque ante un rival ben colocado no campo,forte no aspecto defensivo sin cometer erros e sin arriscar balóns,as suas xogadas comenzaban cun saque longuisimo do porteiro o campo rival.Por enriba encontraronse cedo cun gol fruto dun grave erro(nestes partidos penalizan moito) e ata o final seguiron xogando igual e o Taboada tentouno pero non habia espazos para a movilidade dos rápidos e habilidosos dianteiros.Os mellores:

- Pablisimo, rapidisimo nos cortes e sacando ben o balón.
- Poyán, gran traballo no medio ante xogadores moi fisicos, un pulmón, pero onte faltou outro pulmón para darlle algún relevo.
- Roi, vendido nos goles, moi seguro en todo partido, sacou un gol cantado.Un seguro na porteria.

Pena de resultado máis sabendo q oPastoricense perdeu pero esto ainda non rematou , matematicamente hai esperanzas e coido q o portomarin vai gañar no Páramo.O domingo a desquitarse ante un rival duro e q está nunha situación complicada e vaino dar todo.A ver si a sorte acompaña e senon se pode acabar 2º polo menos 3º q ben merecido o tedes.Este ano ten q ser o ano do TABOADA, con maiúsculas si ou si OSTIA.O futbol coma vida tanto che da coma che quita.ANIMO RAPACES.AUPA ESE TABOADA!!!!!!!!!

amamaramoure

Cantidad de envíos : 100
Puntos : 5331
Fecha de inscripción : 20/04/2010

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.