Taboada CF
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

Mellores Páramo-Taboada CF

3 participantes

Ir abajo

Mellores Páramo-Taboada CF Empty Mellores Páramo-Taboada CF

Mensaje  Roi Rigueira Lun Dic 12, 2011 6:52 pm

Partido igualadísimo, primeira metade para eles e segunda para nós. Pena de non ser quen de manter durante máis tempo a vantaxe conquerida namáis empezar, porque outro galo cantaría. Cando fomos por debaixo no marcador seguimos pelexando ata que acadamos o empate, e se alguén puido gañar na segunda parte fomos nós, anque o resultado é xusto. Agora temos que tratar de gañar o último partido do ano. Os mellores:

1º Pablo, xogamos con 3 atrás case todo o partido e bastouse para suxeitar a un dianteiro moi forte.
2º Fabricio, atou ó home máis perigoso deles.
3º Guerreiro, outro gol máis e van....

Seguimos aí, queda moito, puntuamos nun campo difícil e agora toca render visita a outro difícil, pero hai que apretar para ver se damos traído para a casiña os tres puntos e comer o turrón contentos. Forza Taboada CF!!

Roi Rigueira

Cantidad de envíos : 150
Puntos : 5785
Fecha de inscripción : 26/03/2009

Volver arriba Ir abajo

Mellores Páramo-Taboada CF Empty Re: Mellores Páramo-Taboada CF

Mensaje  cacahuetes pa los monos Mar Dic 13, 2011 2:14 am

bueno,esta semana puden disfrutar do partido en vivo e en directo,grazas o avion privado qe teño,q me trouxo de madrugada despois de estar no palco do bernabeu,tirando cacahuetes a un par de monos q habia alí no campo.

E falando do importante,o encontro do domingo no páramo,está bastante ben resumido polo noso porteiro,unha parte pa cada conxunto,e en xeral un pouco mellor o taboada,cada vez qe recurrimos a defensa de 3 está comprobado qe poñemos en moitos apuros os equipos rivais,porqe cando dominamos o medio do campo volvemonos moi perigosos ca artilleria qe temos adiante,pero bueno o empate bastante xusto,vamos cos mellores:

1ºpablo : gracias a el a defensa de 3 danos tan bós resultados,o dianteiro do páramo ainda soña con el
2º fabri : moi ben cara adiante e cara atrás
3º rios : na segunda parte o mellor xogo dende qe esta no taboada,pouco a pouco seguro que se convirte nun xogador moi importante!

e este domingo a sufrir nun campo qe non nos gusta nada,pero ai qe sacar os 3 puntiños. FORZA TABOADA

cacahuetes pa los monos

Cantidad de envíos : 3
Puntos : 4548
Fecha de inscripción : 29/11/2011

Volver arriba Ir abajo

Mellores Páramo-Taboada CF Empty Re: Mellores Páramo-Taboada CF

Mensaje  amamaramoure Mar Dic 13, 2011 10:11 pm


Non asistin ó partido pero o resultado foi bo nun dos campos máis complicados da liga.Segundo as crónicas a 1ª parte foi de dominio local e a 2ª o Taboada arriscou máis con 3 defensas,máis medios para presionar e máis posesión e por suposto máis chegada, é decir , o fútbol da escola do Barsa, ¡ impresionante !.

O próximo partido é nun campo q non se da ben pero a ver si aproveitando esta racha se acada algo.Unha reseña, o extremo zurdo deles(Hugo),o 11 é moi hailidoso e centra moi ben polo q é importante cerrar ben esa banda q é por onde crean perigo.AUPA EQUIPO, AUPA TABOADA!!!!!!

amamaramoure

Cantidad de envíos : 100
Puntos : 5333
Fecha de inscripción : 20/04/2010

Volver arriba Ir abajo

Mellores Páramo-Taboada CF Empty Re: Mellores Páramo-Taboada CF

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.