Taboada CF
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

Mellores Taboada CF-Lourenzá

2 participantes

Ir abajo

Mellores Taboada CF-Lourenzá Empty Mellores Taboada CF-Lourenzá

Mensaje  Roi Rigueira Lun Mar 12, 2012 5:24 pm

Partido no que o Taboada CF amosou unha gran pegada ó conseguir 4 goles. Na primeira parte, tras adiantarnos, contaxiámonos do seu ritmo cansino e costounos moito pero na segunda melloramos e así se reflectiu no marcador. Os mellores:

1º Fabricio, asentándose cada vez mellor no lateral.
2º Moski, 45 minutos e 2 goles.
3º David Montes, reaparición con gol e bon xogo.

A semana que vén preséntase como clave para decidir os postos altos da categoría. A nós tócanos render visita ó Burela, que ten un campo moi bon e moi grande, o cal nos beneficia. Temos baixas pero non podemos deixar escapar a oportunidade, por moitas baixas que teñamos as ganas de vencer e de continuar arriba teñen que ser superiores ás súas, que non se xogan máis que a honra. Forza Taboada CF!!

Roi Rigueira

Cantidad de envíos : 150
Puntos : 5785
Fecha de inscripción : 26/03/2009

Volver arriba Ir abajo

Mellores Taboada CF-Lourenzá Empty Re: Mellores Taboada CF-Lourenzá

Mensaje  amamaramoure Mar Mar 13, 2012 1:53 pm


Gran resultado q permite seguir nos postos altos ainda q o marcador final foi demasiado amplo polo visto sobre o campo pois os visitantes tiveron tamén as súas ocasións pero o bo traballo do porteiro local desbaratounas.Xogo práctico dos locais, ben en defensa e resolutivos ante o gol.A seguir así q os demais tamén pinchan!.Os mellores:

-Roi, grandisssimo, parouno todo.Está a un excelente nivel.
-Montes, golazo e xogadaza no 2º gol.Moi ben na banda con moita forza.
-Pablo, o puto amo da defensa, está en tódolos lados a máis xogou estando de festa, chapeau!

Saida complicada a próxima ante un rival q vai xogar sin presión pois xa non se xoga nada.Hai q facer un partido práctico,sin complicarse, ben ordeados en defensa e aproveitar algunha contra ou unha individualidade para marcar nun campo grande e onde vai haber espazos q o permitan.Defensa, defensa e máis defensa, importante non encaixar porque marcar vaise marcar polo menos 1 goliño.GRANDE TABOADA CF!!!!!!!!!

amamaramoure

Cantidad de envíos : 100
Puntos : 5333
Fecha de inscripción : 20/04/2010

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.