Taboada CF
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

REMATE LIGA 2011/2012

Ir abajo

REMATE LIGA 2011/2012 Empty REMATE LIGA 2011/2012

Mensaje  amamaramoure Mar Mayo 15, 2012 7:16 pm


Rematou a liga, q non a tempada, e o equipo acabou 3º pero empatado a puntos e a casi todo, por riba con máis goles marcados pero o golaverage particular decantou a 2ª praza para o páramo;polo tanto mellorouse a mellor clasificación da historia q se acadara o ano pasado.O equipo está nunha gran dinámica e esperemos q se manteña nela, polo menos un ano máis,lembrade q tan só hai 2 anos acadastes o campionato de 2ª rexional, q facia moitos anos q non se conqueria.Os números deste ano foron tremendos:
- 66 puntos x 53 do ano pasado.Lembramos 3º empatados co 2º.
-66 goles a favor(3º mellor) e 37 en contra(3º mellor) e polo tanto con +29 a favor(2º mellor logo do lemos).Neste apartado marcaronse 2 goles menos q o ano anterior pero mellorouse moito nos goles en contra.Este é o camiño a seguir: defensa e contras rápidas.
-E o mellor de todo, é a aposta atractiva polo fútbol dinámico, con xogadores moi rápidos e habilidosos.Só por isto xa se merecia ascender pois sodes un dos poucos equipos q apostades por este fútbol vistoso e sen tanto rigor táctico e onde prima a defensa e a fisica(Páramo,Pastoricense,Outeiro,etc).Isto é un sopro de aire fresco ante tanto patadón q se estila por aí.Rigor si, pero con dinamismo e algo de xogo.
A seguir así, q sodes unha das poucas cousas q nos enorgullece deste pobo de Taboada, o cal tamén sabe respostar nas ocasións, pois estivo sempre animando o equipo non só na casa senon por toda provincia.Animo e vémonos na Copa, ou de copas.........

amamaramoure

Cantidad de envíos : 100
Puntos : 5333
Fecha de inscripción : 20/04/2010

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.