Taboada CF
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

NORABOA POLO ASCENSO

2 participantes

Ir abajo

NORABOA POLO ASCENSO Empty NORABOA POLO ASCENSO

Mensaje  amamaramoure Mar Jul 10, 2012 12:24 pm

FAISE XUSTIZA CON ISTE GRANDISIMO GRUPO DE XOGADORES( DO POBO E SEN COBRAR UN DURO!) , COA SUA DIRECTIVA Q FAI UN TRABALLO DE ARREO E POR SUPOSTO A FENOMENAL AFICION ;O PODER ACADAR AS COTAS IMPOSIBLES ATA AGORA.SON 3 ANOS HISTORICOS.A DISFRUTAR ISTES DIAS POIS LOGO COMENZA A PRETEMPADA.
NON VAI SER UN ANO FACIL TANTO NO DEPORTIVO COMA NO ECONOMICO POIS OS GASTOS VAN SER O DOBLE,HAI Q CONCIENCIARSE TANTO XOGADORES COMA SOCIOS Q VAMOS TER Q APORTAR ALGO MAIS E VIRAN MOMENTOS DUROS PERO HAI Q MANTER A UNION COMA ATA AGORA.IMPORTANTE AUMENTAR O NUMERO DE SOCIOS, A VER SI CADA SOCIO PUDERA FACER OUTRO NOVO.E OS XOGADORES TERAN Q ESFORZARSE UN POUQUIÑO MAIS PERO BUENO TAMPOUCO SIN PRESIÓNS,COMPETIR DIGNAMENTE E SI É UN ANO POIS POR BO FEITO SE DARÁ.

HABERA Q REFORZAR ALGO O EQUIPO E COMO PROPOSTAS: OS XEMELGOS DO PORTOMARIN,BASAN(EX DO CHANTADA).

ANIMO TABOADA E O SOÑO SEGUE.......................

amamaramoure

Cantidad de envíos : 100
Puntos : 5333
Fecha de inscripción : 20/04/2010

Volver arriba Ir abajo

NORABOA POLO ASCENSO Empty Re: NORABOA POLO ASCENSO

Mensaje  Roi Rigueira Miér Jul 11, 2012 3:36 pm

Bueno, agora que máis ou menos a todos e a todas nos pasou a resaca, pódese facer unha pequena análise do sucedido nesta tempada que vén de rematar. Acadouse un fito histórico para o noso clube e para o noso pobo, xa que nunca antes se competira na Rexional Preferente. Agora temos que tratar de disfrutar do fútbol na nova categoría, pero eso si, sempre competindo, se non competimos non imos disfrutar.
Detrás dun ascenso sempre hai moito traballo. Non é chegar a Noia, empatar e ascender. Non. Hai moitos entrenos, ó sol, á auga, ó vento, ó frío, hai moitos partidos, ceas, charlas, reunións, e non só ó longo deste ano, xa que eu penso que este ascenso é consecuencia directa de todo o bon, que é moito, que vén facendo o Taboada CF ó longo das últimas tempadas.
A min só me queda dar as gracias a todo o mundo que, dun xeito ou doutro, me deixou ou me permitiu ser partícipe na consecución do éxito máis grande da nosa pequena gran historia.
Gracias ao Cantina, sen ti esto non sería o mesmo.
Ao outro Cantina, polo traballo desinteresado e bestial que fas día tras día.
Ao Marquiños presidente, por ser tan boa xente e estar sempre aí.
Á Ana, ó Tito, ó Mejuto, e a todos os que colaboran dunha maneira ou outra.
A tódolos meus compañeiros de penas, alegrías, batallas e ceas, todos aportamos o noso grau de area, igual de importante ou máis é quen xoga menos polos motivos que sexan, e en especial ao meu compañeiro de arco Ismael, eres un crack.
A toda a afición que nos apoiou, xa non digo en Noia, senón ó longo de toda a tempada. É moi bonito ir a Burela, a Cabreiros, a Outeiro de Rei....e ver que hai máis taboadenses ca xente de alí.
Gracias tamén á miña mai por non botarme fóra da casa cando chego con 15 kilos de terra e barro na roupa de adestramento.
Sen a aportación de todos esto non sería posible, asique a todos e a todas gracias.
Para o ano estrenarémonos nunha nova categoría, seguro que moito máis esixente que esta que acabamos de abandonar, e precisamos do empuxe e das ganas de todo dios para conquerir o obxectivo, que non pode ser outro que a permanencia. Temos que darnos conta que nesta preferente vai haber equipos con estructuras deportivas "semiprofesionais", a maioría dos equipos pagan soldos, e esíxense obxectivos en base a eso. Esa presión nós non a imos ter, porque seremos os 20 amigos de sempre, que non imos cobrar, pero si temos dúas pernas coma o resto, si lle sabemos dar á pelota coma o resto, si temos orgullo coma o resto, e seguro que o que temos máis que o resto é sentimento de equipo e de pobo. A eso non nos vai gañar ninguén.
Sen nada máis que dicir, FORZA TABOADA CF!!

Roi Rigueira

Cantidad de envíos : 150
Puntos : 5785
Fecha de inscripción : 26/03/2009

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.