Taboada CF
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

Mellores Bóveda-Taboada CF

2 participantes

Ir abajo

Mellores Bóveda-Taboada CF Empty Mellores Bóveda-Taboada CF

Mensaje  Roi Rigueira Lun Oct 17, 2011 1:57 pm

Partido igualado na primeira parte, que se nos puxo de cara co 0-1 e ca espulsión do xogador rival, xogamos bastante ben, creamos perigo e ó final trouxemos para Taboada tres puntiños creo que moi merecidos. Destacar que non nos puxemos tolos cando empataron e seguimos xogando do mesmo xeito, o que nos permitiu gañar. Agora a facernos fortes na casa, que vén un partido moi bonito de xogar, e eles algún día terán que perder, a ver se é na Medela. Os mellores:

1. Guerra, golazo e moi bon partido, recuperou moitos balóns e fixo xogar.
2. Alberto, ben nunha posición que non é a súa.
3. Andresiño, saiu con moitas ganas e anotou un golazo, cabezazo que limpou as telarañas da escadra.

A seguir así, veñen unha serie de partidos difíciles pero a este nivel sumaremos puntos. Forza Taboada CF!!

Roi Rigueira

Cantidad de envíos : 150
Puntos : 5796
Fecha de inscripción : 26/03/2009

Volver arriba Ir abajo

Mellores Bóveda-Taboada CF Empty Re: Mellores Bóveda-Taboada CF

Mensaje  amamaramoure Mar Oct 18, 2011 10:36 pm

Gran partido o visto en Bóveda con 2 equipos moi entregados e xogado con gran intensidade.Os locais comenzaron moi ben pero o Taboada foise asentando pouco a pouco e foi creando ocasións e fruto dunha chegou o 1º gol, logo eles quedaronse cun menos pero así e todo seguian o ataque.Na 2ª parte o Taboada estivo máis atinado cara o gol.Os mellores:

-Roi, grande si señor.
-Guerra, golazo e moito traballo tanto en defensa coma en ataque.
-Alberto, moi ben nunha posición non habitual.

O próximo domingo hai un partido histórico na Medela pois en competición oficial nunca se enfrentaron os 2 equipos a máis de q o Lemos é un clube dos máis antigos de Galicia,aí é nada.Hai q estar MOTIVADOS Ó 200% pero eso si sin precipitarse e xogando coma sabedes,toque e velocidade sin acelerarse e moito OLLO en defensa sin arriscar pois teñen un dianteiro letal,o Marino(ex Páramo) q xa o ano pasado mostrara a sua calidade.
Aupa rapaces.!Aupa Taboada ! e a animar todo deus o domingo na Medela.Cheo a reventar.

amamaramoure

Cantidad de envíos : 100
Puntos : 5344
Fecha de inscripción : 20/04/2010

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.