Taboada CF
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

Mellores Lemos-Taboada

2 participantes

Ir abajo

Mellores Lemos-Taboada Empty Mellores Lemos-Taboada

Mensaje  amamaramoure Mar Mar 06, 2012 12:07 pm


Partido igualado o vivido en Monforte,polo tanto o resultado debeu ser dun empate.Os primeiros minutos transcurriron sen moitas ocasións pero a partir da media hora vironse claras ocasións tanto para un coma para outro equipo.O Taboada soubolle xogar moi ben o lider destacadisimo da categoria facendolle moito dano con rápidas contras.Gran partido do Taboada e pena de resultado.Os mellores:
-Roi, moi seguro e iso q estaba mermado fisicamente.
-Guerra, tivo 2 grandes ocasións, moi participativo.
-Poyán, a súa entrada foi un gran revulsivo, é imprescindible no mediocampo e iso q anda mermado.Pena da ocasión fallada.

Despois da dura derrota na casa o equipo deu a cara ante todo un lider.Chapeau para todo o equipo, demostrastes o grande que sodes.O domingo hai q gañar ou gañar , para non descolgarse, ante un rival da zona media e q ten algún xogador de gran calidade como o zurdo Recalde ( o nº 10, ollo con él) e outro q xoga na media e q é calvo.A POR TODAS,VAVAVA (ollo co viño ,bebede pero con sentidiño).

amamaramoure

Cantidad de envíos : 100
Puntos : 5333
Fecha de inscripción : 20/04/2010

Volver arriba Ir abajo

Mellores Lemos-Taboada Empty Re: Mellores Lemos-Taboada

Mensaje  Roi Rigueira Mar Mar 06, 2012 3:16 pm

Partido coido que moi igualado na Pinguela entre o destacadísimo líder e o Taboada CF. Eles comezaron mellor pero co paso dos minutos fómonos sacudindo o dominio e tivemos, en moitas fases, o control do xogo e tamén boas oportunidades que non fomos quen de aproveitar. Pena dese goliño ó final da primeira parte. Destacar que nin co 2-0 nos rendemos, e seguimos na procura da remontada. Os mellores:

1º Guerreiro, levou perigo sempre e axudou moito a defender.
2º Álex, enorme. Tocoulle bailar coas dúas máis feas e souboas secar perfectamente.
3º Ríos, participativo, peleón, anotou o gol que nos meteu no partido.

Agora vén un partido complicado, contra un rival de medio de táboa, que mete poucos goles pero que tamén encaixa poucos, de feito alá quedaramos 0-0. Non nos podemos confiar nada de nada, e temos case a obriga de vencer para non descolgarnos dos postos de arriba e seguir tendo alicientes para competir de aquí ó remate da liga. Ánimo que podemos. Forza Taboada CF!!

Roi Rigueira

Cantidad de envíos : 150
Puntos : 5785
Fecha de inscripción : 26/03/2009

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.