Taboada CF
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

Mellores Taboada CF-Riotorto

2 participantes

Ir abajo

Mellores Taboada CF-Riotorto Empty Mellores Taboada CF-Riotorto

Mensaje  Roi Rigueira Lun Mar 26, 2012 4:07 pm

Boa victoria nun partido trampa ante o derradeiro clasificado, que foi un máis que digno rival. Adiantámonos moi pronto e despois contaxiámonos do seu ritmo, anque na segunda parte sentenciamos cando a eles lles fallou o físico. Seguimos na brecha, e máis ainda despois do pinchazo do Páramo. Os mellores:

1º Ríos, tres goles e moita calidade.
2º David Montes, ben de lateral e ben de central,
3º Txiki, incisivo e co premio do gol.

Agora temos un partido difícil ante o Cabreiros, pero temos que gañar para seguir metidos na lea. Ánimo, hai que irse ó parón de semana santa gañando este partido, para seguir con opcións. Forza Taboada CF!!

Roi Rigueira

Cantidad de envíos : 150
Puntos : 5785
Fecha de inscripción : 26/03/2009

Volver arriba Ir abajo

Mellores Taboada CF-Riotorto Empty Mellores Taboada-Riotorto

Mensaje  amamaramoure Lun Mar 26, 2012 9:46 pm

Outra goleada nun partido q mantivo a emoción no marcador ata a última media hora onde sentenciaron os locais.A 1ª parte foi bastante igualada, cun equipo local onde o mediocampo estivo moi floxiño , fisicamente, e só destacaba a calidade de Rios e a velocidade de Moski.A defensa local tivo q empregarse a fondo o non existir mediocampo a máis de q eles adiante son bastante habilidosos.Na 2ª parte cambiou a dinámica,eles xogaban con 1 menos e foronse desfondando fisicamente e os locais gañaron músculo coa entrada de Iván e de Nico.Os mellores:
-Rios, clase maxistral de xogo nesa demarcación, cortando de cabeza,xogando con criterio e marcando.Sobradisimo,pode ser decisivo neste último tramo de liga.Agora xurdeme unha dúbida : debe xogar o Guerra ou o Rios ou son os 2 compatibles nese posto?.
-Moski, incisivo e creando moito perigo.
-Roi, pouco traballo pero chapou 2 mans a mans portentosos.Está segurisimo.Importante manter a porteria a cero.
Seguinte parada:Cabreiros.Partido de moito fisico e onde eles van pelexar moito para sair dos postos de abaixo.Vital non encaixar e aproveitar algunha contra.Isto está q arde e a próxima xornada partidos destacados:Bóveda-Outeiro,Ferreira-Pastoricense.GRANDE TABOADA CF,ANIMO EQUIPO,HAI Q ROELOS OSTIA!!!!!!!!!!!!.

amamaramoure

Cantidad de envíos : 100
Puntos : 5333
Fecha de inscripción : 20/04/2010

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.