Taboada CF
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

MELLORES TABOADA-NOIA

2 participantes

Ir abajo

MELLORES TABOADA-NOIA Empty MELLORES TABOADA-NOIA

Mensaje  amamaramoure Lun Jul 02, 2012 10:50 pm


Cheo a reventar na Medela para vivir un momento histórico.Partidazo do Taboada,dado q levaban 1 mes inactivos, con moitisima entrega por parte de todos ante un Noia moi ben posicionado sin arriscar e con xogadores moi fortes fisicamente.Lástima do resultado pois os locais mereceron algun gol máis pero non houbo acerto na definición.Os mellores:

-Fabriccio, un portento fisico, inexpugnable en defensa e moi ben, subindo a banda, en ataque.
-Roi, chegaronlle poucas veces pero fixo 3 paradóns,sobre todo as 2 q supuxeron á postre o gol, moi dudoso por certo.
-Guerra, grandisimo traballo tanto en defensa coma en ataque.Un luar, a veces abusa demasiado en querer resolver él, pero é q ten tanta calidade!.
O partido de volta ten q ser a "morte" ou todo ou nada.Hai q gañarlles o mediocampo(a parella Nico-Poyán(Busquets-X.Alonso), fundamentais),presión,presión ata asfixialos para poder sair rápidos nas contras,aproveitando a velocidade dos de adiante, pois no corpo a corpo e por alto son moi superiores(tiki taka coma España).E por suposto sin erros en defensa.Ollo co 7 e co 9 q son os máis técnicos deles.Hai esperanzas pois o equipo soe sacar mellores resultados fora da casa q coma local.
E á afición, a ver se facemos un último esforzo para animalos q ben merecido o teñen.Poucos equipos profesionais poden presumir de q lles adicaran unha folla enteira no periódico de máis tirada nacional.De traca!!!!!!!!!!AUPA TABOADA Q NON HAI 2 SIN 3 OU AS Q SE TERCIEN.



amamaramoure

Cantidad de envíos : 100
Puntos : 5333
Fecha de inscripción : 20/04/2010

Volver arriba Ir abajo

MELLORES TABOADA-NOIA Empty Re: MELLORES TABOADA-NOIA

Mensaje  Roi Rigueira Mar Jul 03, 2012 1:51 am

Partido histórico para o Taboada CF ante o Noia, nunha Medela a reventar de xente. O partido respostou ás expectativas xeradas e creo que se viu un bon encontro entre dous equipos conscientes do gran premio que se xogaban. Na primeira parte fomos mellores para na segunda metade igualarse máis as forzas. O resultado non é todo o bon que se quixese, pero non hai nada perdido nin moito menos, de feito creo que en toda a tempada nos quedamos sen marcar en tres partidos (Valadouro, Ferreira e Páramo), co cal temos que pensar que imos ser capaces de marcar alomenos un gol. Non podemos caer en precipitacións por estar obrigados a marcar gol, temos que ter tranquilidade porque temos calidade de sobra para marcar. E non podemos facer regalos coma o gol do outro día, porque na liga sempre hai tempo á reacción, pero este é o último partido, e xogámonos nada máis e nada menos que un ascenso que sería histórico para o noso pobo, o noso clube e o noso orgullo. Os mellores:

1º Fabricio, espectacular cara arriba e cara abaixo.
2º Poyán, moito traballo pese a estar tocado, e un gol que nos da moita vida.
3º Álex, moi ben todo o partido.

E facer como o colega Amamaramoure, pedir un último esforzo á xente, á afición, para que vos despracedes a Noia e nos apoiedes. Se ó final o conseguimos vaivos pesar moito non estar alí para disfrutar dese momento, asique non hai excusa de ningún tipo. Forza Taboada CF!!

Roi Rigueira

Cantidad de envíos : 150
Puntos : 5785
Fecha de inscripción : 26/03/2009

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.