Taboada CF
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

Mellores Taboada-Dubra

2 participantes

Ir abajo

Mellores Taboada-Dubra Empty Mellores Taboada-Dubra

Mensaje  amamaramoure Mar Oct 23, 2012 8:35 pm

Suma e segue do Taboada na Medela, onde de 5 partidos disputados ainda non perdeu ningún a máis de levar unha racha de 4 partidos sen perder.Bo comezo de tempada, só empañada polas múltiples lesións, que lastran ó equipo bastante en numero de efectivos pero ainda así estase a competir a gran nivel.En canto o partido do domingo ,gran remontada do equipo e ,neste caso, con gran mérito do adestrador ,pois arriscou con 3 defensas, xa que eles estaban con 1 menos, e saiu ben.Os mellores:
-Guerra,un hat-four nun partido nesta categoria xa o di todo.
-Moski,semana tras semana o estilete ofensivo, récord de asistencias e de sprints.Hai que rentabilizalo agora que os rivais xa están a tomar nota del e vano marcar moi enriba.
-Basán,moi ben no aspecto defensivo, a máis de ser un comodin,tanto xoga de defensa como no medio.

O próximo é un desprazamento dos máis alonxados, nada menos que á Costa da Morte.Insisto en que o binomio ofensivo deben ser Moski-Guerra(un asiste e o outro remata) e o resto a defender sin complicarse moito nas saidas do balón e aproveitar algunha ocasión de gol a balón parado.E os xogadores a soltarse que a presión do debut xa a pasastes con nota.Grande equipo,grande TABOADACF.

amamaramoure

Cantidad de envíos : 100
Puntos : 5333
Fecha de inscripción : 20/04/2010

Volver arriba Ir abajo

Mellores Taboada-Dubra Empty Re: Mellores Taboada-Dubra

Mensaje  Roi Rigueira Jue Oct 25, 2012 8:09 pm

Tres puntos máis na Medela, témos que facer do noso campo un fortín para acadar a permanencia. Foi un partido atractivo, con moitos goles, penaltis e emoción. Soubemos repoñernos cando nos vimos por baixo e logramos darlle a volta ó marcador para conseguir tres puntos importantes. Os mellores:

1º Guerra, non podía ser doutro xeito.
2º Moski, tódolos goles pasaron polos seus pés.
3º Nicolás, ben no medio.

O único problema que estamos a ter son as lesións, a ver se dunha vez nos empezan a respetar. O domingo era importante puntuar porque o calendario dificilísimo está a punto de chegar e todo o que vaiamos sumando agora non o temos que sumar despois. Temos que adaptarnos rápido ó campo e defender moi ben e aproveitar algunha das que teñamos se queremos traer algo de volta para a casa. Forza Taboada CF!!

Roi Rigueira

Cantidad de envíos : 150
Puntos : 5785
Fecha de inscripción : 26/03/2009

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.