Taboada CF
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

MELLORES CHANTADA-TABOADA

2 participantes

Ir abajo

MELLORES CHANTADA-TABOADA Empty MELLORES CHANTADA-TABOADA

Mensaje  amamaramoure Lun Dic 10, 2012 11:31 pm

Primeira victoria a domicilio do equipo nesta tempada e foi no partido de máxima rivalidade.O encontro foi bastante floxo en canto a xogo pero si emocionante polo igualado do marcador e q se desnivelou nos intres finais a favor do Taboada, e ben puido ser xa antes.Partido correctisimo tanto dentro do terreo coma fora e iso que o árbitro estivo penoso.Os mellores:

-Rios, está nun gran momento e, coma non, foi decisivo o acadar o gol da victoria.A seguir así.
-Roi, o pouco traballo que tivo resolveuno ben, sobre todo un tiro que ia a rentes do pao e que sacou maxistralmente.
-Javi, da moita seguridade á defensa.Importante a súa recuperación.

Non hai tregua e o domingo visita a Medela nada menos que o Lemos.Importante a victoria pois é un equipo que está á par na clasificación.En principio ten menos equipo que o ano pasado pero os paridos hai que xogalos e teñen dous bos mediocentros e son os que moven o equipo, Dafonte e Carrasco.Fundamental presionalos aí para que non creen xogo.VAMOS TABOADA QUE AS COUSAS ESTAN SAINDO BEN E DE MOMENTO ESTASE A COMPETIR SEN COMPLEXOS.

amamaramoure

Cantidad de envíos : 100
Puntos : 5333
Fecha de inscripción : 20/04/2010

Volver arriba Ir abajo

MELLORES CHANTADA-TABOADA Empty Re: MELLORES CHANTADA-TABOADA

Mensaje  Roi Rigueira Jue Dic 13, 2012 9:05 pm

Victoria histórica nun partido histórico, xa que era a primeira vez que nos enfrontabamos en preferente. Deixando de lado o tema do derbi, acadáronse 3 puntos importantísimos na nosa pelexa por eludir o descenso, collendo un marxe importante xa de 6 e 7 puntos con Chantada e Carral, respectivamente, O partido foi igualado e puido caer para calquera lado, pero na miña opinión, nós buscámolo máis e o premio chegou cando xa case case nos contentabamos co empate. Os mellores:

1º Fabricio, enorme partido o seu, tanto cara adiante como en defensa.
2º Moski, é un bule bule, meteu un gol e provocou un penalti.
3º Pablo, contundente e expeditivo.

Agora toca outro partido contra os veciños do lado, que veñen 2 puntos por debaixo na táboa. Sería importante sumar os tres puntos porque xogamos na casa e permitiríanos abrir fenda con eles e seguramente con máis equipos da parte baixa. Traen baixas pero son un moi bon equipo, asique hai que estar concentrados. Forza Taboada CF!!

Roi Rigueira

Cantidad de envíos : 150
Puntos : 5785
Fecha de inscripción : 26/03/2009

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.